Escuela de artes y compañia de teatro en Coruña

Compañía de artes escénicas para adultos, para a infancia e para a xuventude

Os Náufragos nace na Coruña con raíces fortes, cunha traxectoria consolidada dos seus integrantes e cunha clara vocación de proximidade co público.

Apostamos polos creadores e creadoras galegas e tamén por un teatro plenamente comprometido co social, dando visibilidade -desde hai décadas- ás realidades dos colectivos máis vulnerables ou nas marxes.

Ao longo dos últimos anos, a nosa compañía xirou coas súas pezas por toda España e tamén por países como México, Uruguai, Colombia, Cuba ou Portugal, obtendo importantes recoñecementos e diversas nominacións (as máis recentes, o Premio María Casares 2022 a mellor espectáculo infantil e a nominación a mellor espectáculo internacional nos Premios Florencio do Uruguai 2023). As nosas pezas foron seleccionadas en festivais e convocatorias de todo o mundo, destacando FETEN, o primeiro circuíto ASSITEJ España para a infancia e a mocidade ou o Congreso Mundial de ASSITEJ (Cuba, 2024), no que fomos a única compañía española seleccionada.

Na nosa compañía facemos un traballo que vertebra a creación contemporánea, desde a dramaturxia ata a posta en escena, na que a procura de novas linguaxes e a labor do actor/actriz na creación son os eixos fundamentales da nosa proposta.

HUGO

Premio María Casares 2022 ao mellor espectáculo para a infancia

Axenda de espectáculos

Consulta a nosa axenda e atopa as nosas próximas actuacións na túa área. Seguro que estaremos preto de ti moi pronto!

Latest Past Events

BULEBULE

Auditorio do Edificio Multiusos Rúa de Curros Enríquez, s/n, Santa Comba

BULEBULE, un espectáculo de Os Náufragos Teatro sobre a presenza da muller nos oficios do mar, a diversidade e o TDAH.

Unha peza familiar sobre igualdade, apoiada pola Deputación da coruña no marco do ciclo Outono das artes 2025, enmarcado no programa A cultura é un dereito.

NOSO

Auditorio do C. C. Manuel Murguía Paseo Fluvial s/n, Arteixo

NOSO é unha dramedia familiar, ambientada nun antigo ultramarinos-bar dunha aldea do rural galego, na que se aborda a complexidade das relacións familiares, os conflitos interxeneracionais e o impacto ambiental e patrimonial da industria eólica.

HUGO

Espacio Teatro Uruguay Mercedes 865 esq. Andes, Montevideo

El espectáculo HUGO, de Os Náufragos Teatro, aborda con sensibilidad las vivencias de las persoas con TEA y la importancia de la empatía y la diferencia.
Premiado con el María Casares 2022 a mejor espectáculo familiar y seleccionado por ASSITEJ International para su Congreso Mundial 2024, por ser una pieza de alto valor artístico, cultural y educativo.

Escola ON de artes escénicas
"Máis que unha escola... Un lugar de encontro"

A Escola ON abre as súas portas na Coruña, en outubro do 2019, como a aposta persoal dun grupo de profesionais fortemente comprometido coas artes escénicas, que traballou en diferentes lugares de referencia a nivel estatal.

Desde a súa apertura, a Escola asentouse no corazón da cidade, no barrio de Riazor, xerando unha rede de alumnos que a fixeron crecer por se soa, grazas ao boca a boca.

Escola ON é unha opción para todos e todas, con cursos diferenciados tanto para quen ten un percorrido maior no teatro, como para quen busca o seu desenvolvemento persoal a través dunha actividade lúdica, artística, divertida e grupal.

As nosas redes

Mantente ao día de todas as nosas novidades.

Abrir chat
¡Hola! 😊
¿En qué podemos ayudarte?